O goberno municipal de Ourense presentará próximamente a aprobación por parte do Pleno do Concello unha proposta de modificación orzamentaria coa finalidade de incrementar as partidas de gasto social do presuposto de 2022. Con esta modificación, o goberno local quere dar resposta ás necesidades actuais da área social do Concello, marcadas por unha maior demanda de servizos e poder atender máis solicitudes e expedientes.
O goberno municipal subliña que o actual "é o mandato máis social da historia do Concello", e lembra os sucesivos reforzos dos orzamentos das partidas da área social realizados durante os últimos anos, (3 millóns de euros en 2220), tanto para atender as necesidades derivadas da pandemia da COVID-19 como para incrementar partidas municipais e convenios de colaboración coas entidades que presentan servizos no sector, como é o caso do comedor social de Cáritas, ao que se lle multiplicou a achega municipal, que pasou de 100.000 a 250.000 euros anuais.