A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, achegáronse hoxe á Praza de Abastos para lanzar unha campaña para incentivar a recollida de aceite vexetal nas vivendas de Lugo como paso previo á que se inicie, a principios de xaneiro, a instalación dos colectores de recollida selectiva.
A través desta campaña, a concellería de Medio Ambiente repartirá entre a cidadanía máis de 5.600 embudes que facilitará a reciclaxe posterior de aceite doméstico e explicarase como se debe de utilizar. Así mesmo, informarase das vantaxes e beneficios para o medio ambiente, e incluso para as arcas municipais, de desfacerse de maneira segura e ecolóxica desta sustancia.
Neste senso, a rexedora lembrou que unha familia de catro membros é capaz de xerar ata 250 litros de aceite usado ao ano, e que un litro de aceite botado polo fregadero contamina ata 1.000 litros de auga, "o equivalente ao que bebería unha persoa nun ano e 3 meses", pero, ademais, supón atascos e malos cheiros nas tubaxes de saneamento, dificultando tamén o funcionamento das depuradores.
![Foto de la noticia](https://pictures.lanocion.es/2022/diciembre/29/0_640wt/instalacion-dos-colectores-en-xaneiro.jpeg)
As accións de concienciación, que se financian con fondos europeos acadados nunha convocatoria aberta pola Xunta, se contemplan, ademais, charlas informativas a colectivos e asociacións da cidade.
Lara Méndez sostivo que a campaña será o paso previo á instalación por parte da concesionaria do servizo de recollida de lixo, EcoLugo, de medio centenar de colectores de aceite, que serán claramente identificables, en distintos puntos do municipio, abarcando todos os barrios. Comezarase a súa colocación tras as festas de Nadal, e non se descarta instalar máis se é necesario.