A Policía local de Pontevedra detivo o pasado 9 de xaneiro a un home duns 40 anos como presunto autor dun delito de violencia machista contra a súa parella, duns 33 anos.
Os feitos ocorreron sobre as 8.30 horas nun establecemento da cidade. Segundo a versión da vítima que recolle o parte policial, no transcurso dunha forte discusión entre ambos, ante a presenza do seu fillo menor de idade, o detido empurrou á muller que caeu por unhas escaleiras que daban ao soto do local. A caída provocoulle feridas en distintas partes do corpo.
Unha compañeira de traballo do detido foi a encargada de apartar ao menor da discusión.
A Policía acordou a detención do home.