A Policía local de Pontevedra detivo o pasado 5 de abril a un veciño de Pontevedra, nado en 1962, por un presunto delito de tráfico de drogas. Logo do seu cacheo e rexistro do seu vehículo, foille incautado, entre outras substancias, 26,3 gramos de cocaína.
Os feitos rexistráronse o pasado venres ás 20.10 horas cando os axentes policiais en labores de vixiancia, localizaron ao logo detido nas inmediacións da rúa Riestra. Seguírono até a rúa Marquesa onde realizou un intercambio cunha muller. Logo desprazouse até a rúa Pastor Díaz, onde nas inmediacións do seu vehículo foi identificado polos axentes.
A petición dos policías, o home que tiña antecedentes por delitos de tráfico de drogas, entregou as pertenzas que levaba enriba e outras substancias que agochaba no seu vehículo.
Os axentes incautaron: dous billetes de 20 euros, tres trozos (4,1 gramos) dunha substancia vexetal compatible con hachís, dous cogollos (1,5 gramos) dunha planta de cor verde compatible con marihuana; e 26,3 gramos cunha substancia de cor branca compatible con cocaína repartidas en once bolsiñas e unha bolsa máis grande con 20,3 gramos.
O detido foi posto a disposición da Policía Nacional.