A representación lucense nos XV Xogos do Eixo Altántico acadou un total de seis medallas, tres delas de ouro, dúas de prata e unha de bronce, sendo a delegación con máis podios conseguidos en deportes de equipo nesta competición, celebrada en Vila Nova de Famalião e Braga ao longo da pasada semana.
Neste senso, o edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos mostrou a súa satisfacción polos "brillantes resultados acadados" e felicitou a todas as mozas e mozos lucenses que participaron e representaron a Lugo "con gran éxito" nesta nova edición dos Xogos, especialmente aos equipos femininos de voleibol e atletismo en ruta, que acadaron a medalla de ouro; ao de atletismo, que se fixo coa prata e ao de baloncesto que logrou o bronce; así como aos equipos masculinos de fútbol 7, que se alzou co ouro, e o de atletismo en ruta, que consegiu a prata".
Nesta XV edición dos Xogos do Eixo Atlántico participaron 2.400 persoas de 27 delegacións, 18 portuguesas e 9 galegas. Os mozos e mozas competiron nas modalidades deportivas de balonmán feminino e masculino, fútbol 7 masculino e feminino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado.
"Lugo foi a delegación galega que máis participantes reuniu e a quinta de todo o Eixo Atlántico, competindo con cidades de grandes poboacións como Matosiños, Vigo, Braga ou Vila Nova de Gaia", apuntou Bustos.