La 2 de RTVE emite estes días un documental da Deputación de Lugo sobre a riqueza medioambiental da provincia. Las rutas del saber: Por la provincia de Lugo amosa a diversidade da flora e fauna do territorio, xacementos arqueolóxicos e formacións xeolóxicas "únicas" que o converten nun destino preferente en materia de turismo sostible.
Este é o derradeiro audiovisual dunha serie de tres que, xunto a 820 Km. Las siete vías de peregrinación por la provincia de Lugo e A gastronomía na provincia de Lugo, difunde a institución provincial na cadea pública co fin de proxectar os recursos da provincia. O documental percorre a Serra do Xistral, o Xeoparque Montañas do Courel ou as xeorrutas pola costa Cantábrica, son as temáticas dos outros dous traballos audiovisuais que se emitirán na televisión pública.
Cunha duración de 50 minutos, Las rutas del saber: Por la provincia de Lugo formará parte, por un período de tres anos, da grella da cadea pública, en diferentes días da semana e horarios, incluíndo as franxas de prime time. Tamén se emite no canal internacional da TVE, e está dispoñible á carta na plataforma dixital de Radio Televisión Española: https://www.rtve.es/play/videos/somos-documentales/rutas-del-saber-provincia-lugo/16097042.