O xoves comeza a instalación do novo Skatepraza Raíña Vitoria
O Concello de Pontevedra ten previsto iniciar as obras de transformación da avenida Raíña Victoria nun skatepraza este xoves, 8 de setembro. Así o confirmou esta mañá o concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez que adiantou que será "unha instalación de última xeración que máis que un skatepark é unha skatepraza".