O Concello de Santiago lanza unha nova edición do Premio Exeria para apoiar o proceso creativo de obras literarias
A Xunta de Goberno de Santiago aprobou hoxe as bases da convocatoria da cuarta edición do Premio Exeria para proxectos de creación literaria, un certame que ten por obxecto incentivar a creatividade e a producción literaria escritas en lingua galega. O premio está dotado con 3.000 € e unha estadía na residencia La Baldi, sita na vila de Montegiovi (Italia).