O destacamento de bombeiros do Concello de Lugo regresa á cidade tras colaborar nas tarefas de limpeza e recuperación en poboacións afectadas pola DANA
Despois de días de intenso labor en zonas afectadas pola DANA en Valencia, o destacamento de bombeiros do Concello de Lugo regresou onte ao municipio. A unidade, formada por dez efectivos, estivo centrada na apertura de vías, limpeza de garaxes e apoio á recuperación de infraestruturas clave como centros de saúde en áreas como Alfafar e Paiporta.