Os bombeiros de
Ourense celebraron este mediodía a festividade do seu patrón, San Xoán de Deus, nas instalacións do parque municipal nunha xornada de convivencia, á que asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Fernández, representantes de todos os grupos políticos municipais, das diferentes administracións públicas: Subdelegación do Goberno, Xunta de Galicia e Deputación Provincial, e de todos os corpos de seguridade (Guardia Civil, Policía Nacional, Policía Local, Policía autonómica, Protección Civil).