O Concello de
Pontevedra continúa adiante coa reparación e conservación do paseo urbano do río dos Gafos. Nesta semana a Concellaría de Servizos urbanos básicos, que xestiona Xaquín Moreda, comezou cos traballos de limpeza e mantemento na cuberta de Campolongo, que está pechada dende marzo de 2021, e coa mellora de distintos tramos da senda peonil de xabre entre a avenida da Estación e Ponte Boleira.